sábado, 12 de septiembre de 2015

7 - 1 ROMA

No s.VIII a.C. fundase a cidade de ROMA. Nesta época a Península Itálica estaba habitada por diferentes pobos: etruscos, latinos, gregos. Podemos observar estes pobos no seguinte mapa:







Observa o mapa da expansión territorial da civilización Romana durante a República alrededor do Mar Mediterráneo.


No seguinte mapa podemos observar as rutas comerciais e os produtos que se comerciaban no Imperio Romano









9 TRABALLO SOBRE EMPURIES E ITÁLICA


O traballo pode ser individual ou en parellas, 
Débedes presentalo na clase
Podedes facelo en power point ou outro formato ..........

Guión do traballo
Empuries, Cidade de tres culturas :

  • Situación xeográfica
  • O seu orixe
  • Estructura  dunha cidade grega e dunha cidade romana

Itálica, Colonia romana:

  • Situación xeográfica
  • O seu orixe
  • Principais monumentos

   

7 PERÍODOS HISTÓRICOS DA ROMA ANTIGA

A historia de Roma adoita dividirse en catro períodos, coincidentes cos sistemas de goberno vixentes.




 I. A Monarquía Romana.- ( 753 a.c - 509 a.c.) 
 En Roma houbo sete reis, segundo a tradición : o primeiro Rómulo , romano, os tres seguintes sabinos e os tres últimos etruscos. o rei era o xefe supremo do exército, do Senado, da xustiza e da relixión. Elixiano os cidadáns, e o seu cargo era vitalicio, pero non hereditario. 

Unha sublevación popular rematou, no 509, coa monarquía etrusca e instauruse un réxime republicano.
   
II. A República .- ( 509 a.c - 29 a.c.)
A época republicana foi a máis longa e a máis activa en todos os aspectos (sociais, políticos, xurídicos, culturais, relixiosos e militares)

  • Grandes logros sociopolíticos. Obtivose a igualdade de dereitos para todos os cidadáns , e as institucións ( o Senado, as asembleas, e as maxistraturas) funcionaron sen alteracións ata o século I a C.
  • Grandes conquistas. A época republicana é a das grandes conquistas de Roma. Unha vez dominados os pobos do centro de Italia, Roma enfrontouse cos samnitas. despois apoderouse da Magna Grecia.
Máis tarde os romanos venceron os cartaxineses en tres longas guerras chamadas púnicas. Cartago ( situada na actual Túnez) era a capital do Imperio cartaxinés.

A guerra máis trascendental foi a segunda (218-202 a C) protagonizada por Anibal que ao seu paso pola Península Ibérica, conquistou a cidade de Sagunto  ( Valencia ), cruzou os Pirineos e os Alpes cun exército ao que incorporou elefantes , e presentouse en Italia, onde obtivo importantes vitorias. pero os romanos  recuperánrose e Anibal tivo que fuxir a cartago por mar.

Unha vez dominada Italia, os romanos conquistaron  en dous séculos boa parte da cunca mediterránea.

Guerras civís: final da República
As tres guerras civís que estalaron entre o 88 a C e o 31 a C, remataron coa República.
Na segunda, o gran protagonista, Xulio César, desprazouse a Hispania para acabar cos seus inimigos. tras o triunfo ( 45 ac ), César fixose cos poderes ditatoriais e iso custoulle a vida ( 44 a C )
Na terceira. Octavio obtuvo a vitoria sobre Marco Antonio e as tropas da súa esposa  Cleopatra e, con iso, a anexión de Exipto como provincia romana ( 31 a C ). inicíabase un novo período histórico: o Imperio.  

III O Imperio.- (29 a.c - 476 d.c.)

Na época do Imperio adoitan distinguirse dous períodos: o Principado ou Alto Imperio e o Dominado ou Baixo imperio.
O Principado ou Alto Imperio  (27 a C - 284 d C )
Octavio, nomeado augusto iniciou  o período chamado Principado, que se caracteriza pola  concentración do poder  nunha persoa, o princeps, título que se lle deu aos emperadores.
Octavio Augusto: ( 63 aC.- 14 a C) levou a cabo unha serie de reformas en todos os campos para estabilizar a cidade de Roma e o Imperio, e conseguiuno. a época do seu mandatochamóuselle era da pax augusta.
Trás un tempo de crise, conseguiu o poder Vespaniano (69-79), que inicioua construción do Coliseo, o grande anfiteatro de Roma.

Cos emperadores hispanos : traxano (98-117 ), o imperio alcanzou a súa máxima extensión  e encheuse de grandes obras de enxeñería e de arte

Na segunda mitade do século III, iniciouse a crise dos emperadores militares: os diversos exercitos romanos pretendían nomear emperador ao seu xefe, o que levou a unha anarquía militar  que acentuou a grave crise económica que se vivía en todo o territorio.

O Dominado ou Baixo Imperio (284 - 476 )

Diocleciano ( 284-306 ) concentrou na súa persoa o poder absoluto do Estado : con iso instaurou o Dominado. Despois conseguiu  estabilizar a crítica situación do imperio, en todos os aspectos, mediante reformas políticas, económicas e sociais.

Para defender mellor as fronteiras da presión dos pobos fronterizos e para evitar os golpes militares , dividiu o imperio en dous , o de Oriente e o de Occidente, e creou un novo sistema de goberno compartido, chamado Tetrarquía: dous emperadores gobernaban en Oriente e outros dous , en Occidente.

Constantino o Grande (306-337) volveu unificar o Imperio, pero o emperador hispano Teodosio repartiuno ao morrer , entre os seus dous fillos (Honorio herdou o Imperio de Occidente e Arcadio o de Oriente) e xa non volveu unificarse.

O Imperio Romano de Occidente, ante os persistentes ataques dos bárbaros en toda a fronteira, sucumbiu o ano 476. O de Oriente durou , co nome de Imperio bizantino, ata a caída de Constantinopla  en `poder dos turcos  no ano 1453.

Monarquía  ( 753 a.c - 509 a.c.) 


A Republica .- ( 509 a.c - 29 a.c.)


O Imperio  (29 a.c - 476 d.c.)