domingo, 10 de enero de 2016

A EDUCACIÓN EN GRECIA E EN ROMA.

A EDUCACIÓN EN GRECIA

Os gregos son os creadores do sistema educativo. As diferenzas establecidas na sociedade grega manifestábanse temén na educación ( a paideia)
En Atenas, so os varóns necesitaban unha gran preparación, xa que eran os destinados a participar no goberno da comunidade. En Esparta, en cambio, o Estado ocupábase da formación das rapazas e dos rapaces.

Atenas

A responsabilidade da educación recaía na familia; o Estado interviña a partir dos dezaoito anos, cando o novo ateniense cumpría o servizo militar ( a efebia). Así pois, ata os sete anos, os nenos e as nenas eran atendidas pola nai e pola ama. Da educación das mozas coidábase a nai, que as preparaba para ser esposas e amas de casa.

O proceso educativo dos varóns constaba de tres etapas

- O ensino primario: as actividades escolares realizábanse en centros do propio mestre, nos que se ensinaba a leer, a escribir e a contar. O neno varón iniciaba o ensino aos sete anos e ía á escola acompañado polo pedagogo, un escravo que actuaba tamén como preceptor.  

- O ensino secundario: o profesor de ensino secundario, impartía matemáticas e literatura. Da música e do canto ocupábase o citarista. Esta etapa rematábase entre os catorce e os dezaseis anos.
- O ensino superior : cursábase no ximnasio, onde se ensinaba astronomía, oratoria, dialéctica e filosofía. Os exercicios ximnásticos realizábanse na palestra. remataba aos dezaoito anos.

Algúns filósofos notables fundaron centros de ensino: A academia de Platón ( discípulo de Socrátes) ou o Liceo de Aristóteles alcanzaron gran celebridade.



 

 Esparta
           
A subordinación dos seus habitantes ao Estado obrigábaos, desde moi novos a estar ao servizo da comunidade. Os fillos varóns dos espartiatas abandonaban a familia aos sete anos e ían vivir aun colexio-cuartel baixo a tutela do estado, que se encargaba de procurarlles unha dura aprendizaxe militar; chegaban a ser soldados aos vinte anos.

Tamén cultivaban a música, a lectura e a escritura. Rematada a formación militar , dedicaban súa vida ao exército como soldados ata os sesenta anos.
A educación das rapazas era parecida, pero estas non vivían en comunidade exercitábanse   na ximnasia e na danza. Os exercicios físicos eran casi iguais aos dos mozos co fin de que estivesen preparadas para xerar cidadans- soldados sans e fortes

                         
         
 A EDUCACIÓN EN ROMA

Época antiga (ata o século II a. C.).
Nesta época antiga da historia de Roma, a educación dos raparigos limitábase á preparación que podía darlle o seu pai. Tratábase dunha educación de campesiños, baseada fundamentalmente no respecto aos costumes dos antepasados (mos maiorum). Desde a máis tenra infancia ensinábaselles que a familia da cal eran membros constituía unha auténtica unidade social e relixiosa, cuxos poderes estaban todos concentrados na cabeza, no paterfamilias, que era o propietario de todo, con dereito de vida e morte sobre todos os membros da familia.
Ata os sete anos era a nai a encargada da educación dos fillos. A nai é a mestra en casa. Exerce, pois, un papel de suma importancia: non se limita só a dar a luz ao fillo, senón que logo continúa a súa obra coidándoo física e moralmente. Por iso a súa influencia no fillo será importante durante toda a vida deste.
A partir dos sete anos era o pai quen tomaba a responsabilidade da educación dos fillos. Un pai ensinaba ao seu fillo -puer- a ler, escribir, usar as armas e cultivar a terra, á vez que lle impartía os fundamentos dos bos xeitos, a relixión, a moral e o coñecemento da lei. O neno acompaña ao seu pai a todas partes: ao campo, aos convites, ao foro, etc.
Pola súa banda, a pícara -puella- segue baixo a dirección e o coidado da súa nai, que a instrúe no telar e nos labores domésticos.

O definitivo perfeccionamiento á súa formación dábao o exército, no que se ingresaba á idade de 16 ou 17 anos. A forza do exército romano residía na súa disciplina: o cobarde era azoutado ata morrer, o xeneral podía decapitar a calquera pola menor desobediencia, aos desertores cortábaselles a man dereita, e o rancho consistía en pan e legumbres.

A partir do século a. C.
A partir dos séculos III e II a. C. Roma entra en contacto coa cultura grega ao conquistar a Magna Grecia. Desde entón, a superioridade cultural grega marcará a cultura e a educación romanas. Mestres e rétores chegan como escravos a Roma e dedícanse a impartir a docencia nas casas dos seus donos e ata abren escolas, unha vez obtida a liberdade.
A implantación do sistema educativo grego non se fai esperar. Deste xeito, a Roma rústica vaise a converter en portadora e transmisora do caudal humanístico grego. A partir de agora gran número de pedagogos, gramáticos, retóricos e filósofos invaden as rúas de Roma, e os romanos aceptan os seus ensinos (aínda que non sen algunhas reticencias).




a) Ensino primario.
O ensino primario ocupaba aos nenos  e nenas desde os sete anos ata os doce. Este primeiro ensino podía recibirse en casa, con profesores particulares, pero a maioría acudía á escola a cargo do ludi magister ou mestre de escola (ludus).

As escolas eran locais moi humildes, onde había cadeiras ou bancos sen respaldo para os alumnos, que escribían coas tablillas apoiadas nos xeonllos.
Na escola primaria aprendíase a ler, escribir e contar, baixo unha férrea disciplina que castigaba con severidad calquera falta.

b) Ensino secundario.
O ensino secundario, impartida polo grammáticus, acollía a adolescentes desde os doce anos ata os dezaseis. Centrábase no estudo da teoría gramatical, lectura de autores clásicos gregos e latinos. As de familias solventes instruíanse con preceptores que lles ensinaban ademáis canto, danza e a tocar a lira.
c) Ensino superior.
A cargo dun profesor chamado rhétor, Acudían a él mozos de 16 a 20 anos. Nesta etapa estudábase e practicábase a oratoria fundamentalmente. Despois desta etapa, os mozos de familias adiñeradas ían a illa de Rodas ou a Atenas para completar os seus estudois en academias de filósofos e rétores famosos.
 

 A EDUCACIÓN EN ROMA  



A FAMILIA EN GRECIA E EN ROMA

A familia sempre foi considerada, na Grecia clásica e en Roma, un elemento esencial da sociedade. Constituían unha unidade xurídica a fronte da cal sempre figuraba un varón (pai, avó, titor..) como autoridade máxima.

O MATRIMONIO

O matrimonio xa fose entre cidadáns gregos ou entre cidadáns romanos , tiña a finalidade de procreación de fillos nos que perdurase a familia. os matrimonios sen fillos recorrían a adopción, que non ofrecía dificultades.
Aínda que en principio o matrimonio se realizaba mediante a compra da muller, pronto se foi substituíndo.

ATENAS

En Atenas, enseguida se substituíu polo matrimonio relixioso, no que se tiña en conta o consentimento dos contraentes, ademáis o esposo non adquiría a propiedade da esposa.

O matrimonio legal constituíao o contrato de matrimonio, que precedía a ceremonia da voda relixiosa e establecía a achegan de bens ao matrimonio por parte de cada un dos esposos: no había rexime de comunidade de bens.

ESPARTA

En Esparta, a ceremonia do matrimonio consistía en simular un rapto de noiva, que era conducida a casa do esposo. Cando a muller quedaba embarazada, enton fancíanse públicas as relacións e o matrimonio quedaba constituído.  

ROMA

En Roma compaxinaron dous modos de matrimonio: o matrimonio relixioso e o matrimonio por uso ( convivir durante un ano sen interrupción) este último acabou desaparecendo

Para poder casarse os noivos necesitaban o consentimento paterno e ser cidadáns, é dicir dispoñer do dereito ao matrimonio. 

Había dous modelos de matrimonio lexítimo:

- matrimonium cum manu, polo que a esposada abandonaba a familia de orixe e tanto ela como os seus bens incorporábanse a familia do marido.

 
- matrimonium sine manu, cando a esposa permanecía baixo a autoridade do pai. Foi a fórmula habitual desde finais da República xa que con ela a muller podía recuperar o dote en caso de divorcio.

OS ESPONSAIS : PETICIÓN DE MAN E O DOTE

O matrimonio romano estaba precedido dos esponsais, que se celebraban ante os dous pais dos noivos, que daban o seu consentemento en nome destes. Se acudían os noivos , facíanse regalos e o noivo poñía o anel de compromiso á noiva.

O dote consistía nunha achega de bens por parte da noiva ao matrimonio , destinada a sifragar os gastos do fogar.

O DIVORCIO

ATENAS

En Atenas, o divorcio non era frecuente, non obstante , o marido podía repudiar a súa muller cunha simple declaración ante testemuñas; despois restituíalle o dote e facíaa regresar ao fogar paterno ou ao do titor. Os fillos quedaban baixo a tutela do pai.
A muller, en cambio, para divorciarse necesitaba unha decisión xudicial despois de xustificar ante o arconte continuos malos tratos e infedilidades.
Na época helenística, se o marido se divorciaba sen razón , imponíaselle unha pena. En cambio, se a esposa se divorciaba sen razón, non sufría sanción.

ESPARTA

En Esparta, só se aceptaba o divorcio no caso de que o matrimonio non puidese procrear. Agora ben, a infertilidade sempre se atribuía á muller.

ROMA


En Roma ao final da República , o matrimonio podía disolverse moi doadamente, xa que se consideraba un contrato disoluble. O divorcio podía ser pedido por un só membro do matrimonio, e sen causa ningunha.
na época do Dominado ( sIV-V), por presión do cristianismo, aceptábase o divorcio só por consentimento mutuo e baixo condicións.

OS FILLOS

En ATENAS, o pai tiña sobre o neno que acababa de nacer un dereito absoluto: podía abandonalo, matalo ou aceptalo na familia. A nai ateniense tamén tiña este mesmo dereito e daba a luzsendo solteira.
Os fillos estaban sometidos a autoridade do pai ata a maioría de idade (os 18 anos)

En ESPARTA en cambio, os fillos eran propiedade do estado desde o seu nacemento. as autoridades podían matar o neonato, neno ou nena, se tiña defectos físicos. A partir dos sete anos , o estado facíase cargo da educación dos varóns en centros estatais, nos que residían, fóra do ámbito familiar.

En ROMA, os fillos acabados de nacer tiñan que ser recoñecidos polo pai para `poder entrar a formar parte da familia. Sempre estaban sometidos á autoridade do cabeza de familia (paterfamilias), quen exercía a patria potestas. nos primeiros tempos, esta dáballe poder de vida ou morte sobre os fillos e fillas; pero avanzado o Imperio, limitouse a patria potestas a ter atribucións e obrigas só sobre a educación dos fillos e fillas