ESPARTA
A poboación do territorio dominado por Esparta ( rexións de Laconia e Mesenia) estaba distribuída en tres grupos sociais:
- Espartiatas: eran cidadáns de pleno dereito. Constituíasn unha minoría e dedicábanse á administración pública ou ao exército. A partir dos trinta anos adquirían o dereito de cidadanía.
- Periecos: eran habitantes de rterritorios cuxos antepasados non puxeran resistencia á conquista espartana. Vivían en comunidades periféricas con certa autonomía.
Posuían terras, pagaban impostos e alistábanse no exército, pero carecían de dereitos políticos. Dedicábanse ás artes e á artesanía.
- Illotas: descendían dos habitantes de Mesenia vencidos polos espartanos e vivían nun estado de semiescravitude. Pertencían ao Estado, ao que podían comprar a súa liberdade. Cultivaban as terras dos espoartiatas a conta do pagamento dunha renda.
ATENAS
En Atenas, durante á época democrática, había tres grupos sociais ben diferenciados.
- Cidadáns: gozaban de todos os dereitos civis e políticos, e constituían una minoría . O dereito a participar na asamblea de cidadáns obtiñano os mozos aso vinte anos, despois do servizo militar ou efebía.
- Metecos: eran homes libres , polo xeral gragos nacidos noutras polis pu estranxeiros. Para non se ver sometidos a escravitude, debían sere presentados por un padriño e domiciliarse nunha demarcación (demos). Non tiñan dereitos políticos, pois non eran cidadáns, pero debían pagar impostos, coma os cidadáns.
- Escravos: eran persoas que non tiñan dereitos civis nin políticos; podían ser vendidos ou alugados, e non se lles permitían casar nin ter patrimonio.
O dono non tiña sobre o escravo o dereito de vida ou morte. Ademais, este comprar a liberdade co seu traballo se o dono ou o Estado accedían a iso. Entón, o exescravo era incluído no grupo dos metecos.