jueves, 22 de octubre de 2015

EXERCICIOS SOBRE AS LINGUAS E SEU ORIXEN CLÁSICO

1. De onde procede o alfabeto grego?
2. Menciona algunhas letras gregas que sexan moi coñecidas por ser utilizadas con frecuencia en materias científicas.
3. Escribe o alfabeto en maiúsculas e minúsculas.
4. Escribe con letras gregas o teu nome e os teus apelidos.
5. Transcribe ao alfabeto grego en minúscula o seguinte texto: "Aínda que non só existiu a escravitude nos tempos antigos, non se pode negar que a posesión de homes e mulleres en propiedade, coma se tratásese de obxectos, foi unha destacada característica das sociedades grega e romana."
 6. Transcribe ao alfabeto grego en maiúscula o seguinte texto: " Desde o punto de vista da lei, o escravo antigo non era considerado como unha persoa con dereitos. Simplemente era unha propiedade máis do seu amo, como podían selo os seus animais, ou os seus mobles, polo que non recibían salario ou compensación económica algunha."
7. Que son as linguas romances ou románicas?
8. Que son os latinismos?
9. Que letras cambias no alfabeto latino antigo e o español?
10. De onde xorden as palabras alfabeto e abecedario?
11. Sinala cinco linguas románicas.
12. Que é o indoeuropeo?
13. Sinala as familias lingüísticas que hai dentro do indoeuropeo e menciona dúas linguas de cada unha delas e o país onde se falan.
14. Que son as palabras patrimoniais?
15. Que son os cultismos?
16. Clasifica as seguintes palabras segundo sexan cultas ou populares: maxistral, ano, concilio, obra, ventre, lumbrera, comprar, ventrículo, charramangueiro, fumigar, horto, nebuloso, mestre, melifluo, colgar, minuto, legal, comparar, miúdo, leal, concello, humear, reflexo, insular, mel, colocar, devandito, luminaria, illa, ópera, ditado, fala, reflexivo, anual, fábula, néboa.
17. Completa as seguintes frases cos latinismos correspondentes: corpore insepulto, honoris causa, status, alias, ipso facto, in vitro, et cetera, mea culpa, referendum, curriculum vitae, lapsus, in fraganti, snob, ultimatum.
a. Un coñecido físico foi nomeado doutor................. pola Universidade de Valencia.
b. O perigoso delincuente Jaime LLoveras, ...................... "o mozo", foi detido onte.
c. Desde que lle tocou a lotería a súa ......................cambiou moito.
d. Non te preocupes, vestireime e axudareiche ...................... Enseguida acabámolo. 
e. O funeral ............................ celebrarase ás 19 horas na parroquia do barrio.
f. A policía pescou ao ladrón ............................. 
g. No zoo vemos leóns, tigres, jirafas, ...................... É como a selva.
h. O exército deu un ......................... aos inimigos antes de comezar o asalto á cidade.
i. Hai moito tempo convocouse un .................. para decidir a entrada en España da OTAN. 
j. A aristocracia consideraba .......................... aos novos ricos. 
k. Os nenos participan na categoría ...................... nas competicións deportivas.
l. Os solicitantes deben presentar o seu ............................. para para conseguir traballo.