O desenvolvemento da sociedade grega foi moi complexo, debido a fragmentación do territorio da Hélade.
As diversas comunidades gregas, que tiñan lazos comúns ( como a lingua, relixión e unha cultura común), non formaron un único Estado, senon que cada unha contaba cunha organización político-social independente, chamada polis.
No século V a C na polis de Atenas impúxose a democracia como forma de goberno, polo que todos os cidadáns eran participes na toma de decisións.
A sociedade romana estivo en constante enfrontamento pola inxusta desigualdade existente entre os cidadáns ricos (os patricios) e os cidadáns con poucos recursos ou ningún (os plebeos).
En ambas civilizacións, ademais, non todos tiñan plenos dereitos; unha gran parte da poboación, carecía de todo dereito e era considerada obxecto de propiedade dos seus amos.
1.- FORMAS DE GOBERNO NA POLIS GREGA
1.1.- NACEMENTO DA POLIS
Entre os séculos VIII e VI a C, no territorio da Hélade houbo comunidades nas que os seus habitantes querían participar cos mesmos dereitos nos asuntos da comunidade: xurdiu a polis.
A polis ou cidade-estado era unha comunidade con autonomía política e autosuficiencia económica, formada por unha cidade , unhas aldeas e uns territorios circundantes. Polo tanto o seu territorio era limitado.
1.2.- FORMAS DE GOBERNO
En Atenas, sucedénronse as seguintes formas de goberno:
- Oligarquía aristocrática( goberno duns poucos) o poder político exercíano unhas poucas familias aristócratas (aristoi), posuidoras de grandes latifundios.
- Tiranía forma de goberno unipersoal , presidido por un aristócrata que o conseguira co poder pola forza ou con falsas promesas electorais.
- Democracia (ou goberno do pobo) o poder político tiñao a asamblea de cidadáns. Foi o tipo de goberno característico de Atenas no século V a C e unha das súas máximas achegas á Humanidade.
En Esparta, a forma de goberno que perdurou foi a oligarquía aristocrática. Esta oligarquía estaba presidida por unha diarquía, e dicir, por dous reis á vez.
1.3.- ÓRGANOS DE GOBERNO E MAXISTRADOS
ATENAS
Os órganos de goberno de Atenas, durante a época democrática, estaban abertos a todos os cidadáns:
- A Ecclesia: era unha asamblea de todos os cidadáns maiores de vinte anos. As súas funcións consistían en nomear os maxistrados, aprobar leis, decidir sobre a guerra e a paz, e controlar o aparato xudicial.
- A Bulé: era un consello constituído por cincocentos membros maiores de trinta anos, elixidos por sorteo. O seu cargo duraba un ano e consistía en preparar as leis e controlar os funcionarios e maxistrados.
- O Consello dos pritanos: Encargábase de xestionar os asuntos cotiáns e de tomar decisións urxentes. Convocaba a Bulé e a Ecclesía.
- A Heliea: Era unha institución que agrupaba os tribunais populares de xustiza. Os seus membros eran elixidos por sorteo anual entre os cidadáns.
Entre os maxistrados destacan:
- Os arcontes: eran nove maxistrados e ostentaban o poder executivo e o xudicial. Elixíanse cada ano por sorteo na Ecclesía.
- Os estrategos eran dez xenerais elixidos na Ecclesía a man alzada para un período indeterminado.
ESPARTA
Os órganos de goberno en Esparta foron:
- A Diarquía: O poder supremo do goberno e do exércitoestaba en mans de dous reis. A súa sucesión era hereditaria
- A xerusia: era un consello de anciáns, maiores de sesenta anos, que estaba composto de vinte e oito membros vitalicios, elixidos pola Asamblea popular. este consello dirixía o Estado conxuntamente cos éforos (maxistrados).
- A Asemblea popular ( a Apella): era a asemblea dos cidadáns que gozaban de plenos dereitos. Funcionaba como órgano consultivo, pero unha vez ao ano reuníase para elixir os cinco éforos e cubrir as posibles vacantes dos membros da Xerusía.
- Os principais maxistrados de Esparta foron os éforos. Eran elixidos por un ano pola Asamblea popular. A súa función fundamental consistía en defender o pobo dos abusos dos reis e en exercer a xustiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario