domingo, 10 de enero de 2016

A FAMILIA EN GRECIA E EN ROMA

A familia sempre foi considerada, na Grecia clásica e en Roma, un elemento esencial da sociedade. Constituían unha unidade xurídica a fronte da cal sempre figuraba un varón (pai, avó, titor..) como autoridade máxima.

O MATRIMONIO

O matrimonio xa fose entre cidadáns gregos ou entre cidadáns romanos , tiña a finalidade de procreación de fillos nos que perdurase a familia. os matrimonios sen fillos recorrían a adopción, que non ofrecía dificultades.
Aínda que en principio o matrimonio se realizaba mediante a compra da muller, pronto se foi substituíndo.

ATENAS

En Atenas, enseguida se substituíu polo matrimonio relixioso, no que se tiña en conta o consentimento dos contraentes, ademáis o esposo non adquiría a propiedade da esposa.

O matrimonio legal constituíao o contrato de matrimonio, que precedía a ceremonia da voda relixiosa e establecía a achegan de bens ao matrimonio por parte de cada un dos esposos: no había rexime de comunidade de bens.

ESPARTA

En Esparta, a ceremonia do matrimonio consistía en simular un rapto de noiva, que era conducida a casa do esposo. Cando a muller quedaba embarazada, enton fancíanse públicas as relacións e o matrimonio quedaba constituído.  

ROMA

En Roma compaxinaron dous modos de matrimonio: o matrimonio relixioso e o matrimonio por uso ( convivir durante un ano sen interrupción) este último acabou desaparecendo

Para poder casarse os noivos necesitaban o consentimento paterno e ser cidadáns, é dicir dispoñer do dereito ao matrimonio. 

Había dous modelos de matrimonio lexítimo:

- matrimonium cum manu, polo que a esposada abandonaba a familia de orixe e tanto ela como os seus bens incorporábanse a familia do marido.

 
- matrimonium sine manu, cando a esposa permanecía baixo a autoridade do pai. Foi a fórmula habitual desde finais da República xa que con ela a muller podía recuperar o dote en caso de divorcio.

OS ESPONSAIS : PETICIÓN DE MAN E O DOTE

O matrimonio romano estaba precedido dos esponsais, que se celebraban ante os dous pais dos noivos, que daban o seu consentemento en nome destes. Se acudían os noivos , facíanse regalos e o noivo poñía o anel de compromiso á noiva.

O dote consistía nunha achega de bens por parte da noiva ao matrimonio , destinada a sifragar os gastos do fogar.

O DIVORCIO

ATENAS

En Atenas, o divorcio non era frecuente, non obstante , o marido podía repudiar a súa muller cunha simple declaración ante testemuñas; despois restituíalle o dote e facíaa regresar ao fogar paterno ou ao do titor. Os fillos quedaban baixo a tutela do pai.
A muller, en cambio, para divorciarse necesitaba unha decisión xudicial despois de xustificar ante o arconte continuos malos tratos e infedilidades.
Na época helenística, se o marido se divorciaba sen razón , imponíaselle unha pena. En cambio, se a esposa se divorciaba sen razón, non sufría sanción.

ESPARTA

En Esparta, só se aceptaba o divorcio no caso de que o matrimonio non puidese procrear. Agora ben, a infertilidade sempre se atribuía á muller.

ROMA


En Roma ao final da República , o matrimonio podía disolverse moi doadamente, xa que se consideraba un contrato disoluble. O divorcio podía ser pedido por un só membro do matrimonio, e sen causa ningunha.
na época do Dominado ( sIV-V), por presión do cristianismo, aceptábase o divorcio só por consentimento mutuo e baixo condicións.

OS FILLOS

En ATENAS, o pai tiña sobre o neno que acababa de nacer un dereito absoluto: podía abandonalo, matalo ou aceptalo na familia. A nai ateniense tamén tiña este mesmo dereito e daba a luzsendo solteira.
Os fillos estaban sometidos a autoridade do pai ata a maioría de idade (os 18 anos)

En ESPARTA en cambio, os fillos eran propiedade do estado desde o seu nacemento. as autoridades podían matar o neonato, neno ou nena, se tiña defectos físicos. A partir dos sete anos , o estado facíase cargo da educación dos varóns en centros estatais, nos que residían, fóra do ámbito familiar.

En ROMA, os fillos acabados de nacer tiñan que ser recoñecidos polo pai para `poder entrar a formar parte da familia. Sempre estaban sometidos á autoridade do cabeza de familia (paterfamilias), quen exercía a patria potestas. nos primeiros tempos, esta dáballe poder de vida ou morte sobre os fillos e fillas; pero avanzado o Imperio, limitouse a patria potestas a ter atribucións e obrigas só sobre a educación dos fillos e fillas       





























No hay comentarios:

Publicar un comentario