jueves, 4 de febrero de 2016

A CASA GREGA E ROMANA



1. GRECIA.
En principio, os gregos facían as súas casas con adobes. Construíanse unhas xunto a outras desordenadamente, e o número e a distribución das habitacións obedecían aos accidentes e extensión do terreo do que dispuñan. A luz obtíñase a través das xanelas e claraboyas sen cristais, situadas a unha altura que protexía a intimidade familiar da vista dos viandantes. 
            A miúdo un patio interior proporcionaba luz e aireación ás habitacións que daban a el. As paredes exteriores eran tan vulnerables que os ladróns preferían furalas antes que forzar a porta de entrada. 
            Non eran casas demasiado cómodas nin agradables, pero eran suficientes para satisfacer as necesidades dos seus inquilinos que, xeralmente, pasaban a maior parte do día fóra da casa, nos grandes espazos públicos ao aire libre. 
            No século IV a. C., os cambios políticos e económicos das cidades motivaron que os cidadáns se desentendieran dos asuntos políticos e non participasen tanto da vida da rúa. Por isto, cada vez houbo máis demanda de comodidades e espazos no interior das vivendas. 
            Finalmente, en época helenística, as casas fanse máis luxosas. As casas dos ricos están feitas a base de materiais nobres.          
Na casa grega, as habitacións distribúense ao redor dun patio interior. As salas dedicadas a recibir visitas constan xeralmente dun vestíbulo e dun comedor, e adoitan estar na parte máis accesible da casa. O nome destas  habitacións, andron (ajndrwvn), significa ‘apartamento dos homes’, posto que as mulleres e os nenos ocupaban as habitacións (gineceo) máis afastadas da rúa, ou estaban no piso superior.    

            Os mobles non eran complicados, e servían para unha vida social relativamente simple. Había baúis e diváns para comer ou durmir indistintamente. Elqrovno" era un asento honorífico, reservado ao dono da casa ou ao hóspede máis distinguido. A mesa en que se servían as comidas era unha especie de velador (travpeza).  
Nos barrios populares a maioría das casas era moi pequena e tiña soamente unha planta baixa con dúas ou tres minúsculas habitacións. Os alimentos cociñábanse ao aire libre, sobre un brasero, pois parece que até o século IV a. de C. as casas carecían de cociña.  

2. ROMA
Primitivamente a casa romana era unha sinxela cabana (casa, tugurium) de planta circular, cun teitume cónica de céspede. Esta vivenda foi substituída polo modelo etrusco: cabanas de planta rectangular, cunha abertura no tellado para que saíse o fume e entrase a luz e o aire.
A partir do século II a. de C. os romanos podentes, influídos pola cultura grega, enriqueceron e ampliaron as súas casas, encostando por detrás do tablinum unha segunda vivenda de características gregas. Trátase da domus, ou casa señorial. 
            Na domus, cada habitación, salvo o atrium, de uso común, estaba destinada a un uso concreto: cubiculum(dormitorio),cenaculum (comedor),tablinum (despacho do pater familias). Ante a porta de acceso ao atriumhabía un pequeñovestibulum; o atrium, espazo ao aire libre, era o patio central da domus, e pola súa abertura superior entraba a auga de choiva (compluvium), que caía nun pequeno estanque central (impluvium), comunicado cunha cisterna subterránea. Nun recuncho do atrio estaba o larariohornacina destinada ao culto doméstico. Ao redor deste patio había algunhas pequenas habitacións e, aliñada co eixo da entrada, unha ampla sala (tablinum) que o dono utilizaba como salga de audiencias e reunións con persoas non pertencentes á familia.Esta habitación comunicaba co peristilo, un segundo patio interior moi amplo. O peristilo estaba porticado e adornado con toda clase de plantas, flores, estatuas e chafarices. Ao seu ao redor estruturábanse as habitacións mellor iluminadas e máis belas da casa (dormitorios, salóns), das que a máis importante era o triclinio, sala, na que os romanos ceaban, tendidos nuns diváns lixeiramente inclinados e apoiándose en almohadones. 
          Algunhas casas tiñan locais que daban á rúa, as tabernas, tendas onde se vendían os produtos cultivados nas terras do dono da casa, ou que eran alugadas a terceiras persoas.  A casa era incómoda: o  mobiliario era escaso, as xanelas poucas e sen cristais, polo que o interior era moi frío e escuro. Xeralmente non había letrinas, nin baños, nin auga corrente, salvo nalgunhas mansións. En cambio, a decoración era luxosa e servía para tapar a mala calidade dos materiais: as paredes pintábanse con frescos magníficos e os solos cubríanse de mosaicos. 
Pero a maioría dos habitantes de Roma non vivía endomus senón en apartamentos de aluguer (cenacula), dentro de mazás de casas (insulae). O seu aspecto exterior era magnífico, con xanelas e balcóns, pero eran de mala calidade e incómodos. A súa distribución interior era similar á dos pisos actuais, pero sen cociña nin baño. Estas colmeas humanas, fabricadas con materiais baratos e madeira, estaban en constante ameaza de afundimento ou incendio. 
Había tamén casas fóra da cidade. Eran as villae. Entre estas distínguense as que están no extarradio da cidade, xeralmente amplas e suntuosas (villae suburbanae); e as de campo (villae rusticae), dedicadas á agricultura e a gandaría, que formaban auténticas aldeas.

 a casa romana






No hay comentarios:

Publicar un comentario