lunes, 12 de octubre de 2015

POBOS INDOEUROPEOS

O orixe do que hoxe coñecemos como Europa constitúeno os chamados pobos indoeuropeos. A súa lingua transformouse na maior parte das linguas que actualmente se fala no noso continente.


  O pobo indoeuropeo calcúlase que viviu en comunidade entre o 5º e 4º milenio a. de C. por Europa Central e as estepas de Siberia. Polo seu léxico dedúcese que descoñecían a arte de navegar, e coñecían o cabalo, o carro, o boi e a vaca. A base da súa economía eran a agricultura e a gandería. Organizábanse en tribos e o pai era o xefe dentro da familia. O concepto de autoridade non o coñecían e mostrábanse partidarios da democracia. 
 Fisicamente eran altos, louros, de ollos azuis e dolicocéfalos. A súa relixión era animista, é dicir, rendían culto ao ceo e aos fenómenos atmosféricos (trono, raio, choiva, etc.).




                                                              As migracións das tribos indoeuropeas -por razóns económicas probablemente- comezaron no 2º milenio (na historia coñécense co nome de "invasións arias") e terminaron sobre o primeiro milenio a. de C. A Grecia deberon chegar antes do 1500 a.deC.; a Roma, sobre o ano 1000 a. de C. Se diseminaron por Europa e Asia, difundindo a súa lingua e os seus costumes.




 Ao ir pasando o tempo e ao afastarse xeograficamente as distintas razas migratorias, naceron grandes diferenzas entre os respectivos dialectos das tribos e a lingua nai, que ao principio foi común, descompúxose nunha multitude de linguas derivadas. Xa cara ao ano 1000 a.deC. producíronse tales diferenzas que os habitantes dos distintos pobos disgregados non se entendían entre si. 

A clasificación das linguas que proceden do indoeuropeo fíxose seguindo a teoría da árbore xenealóxica. Segundo esta teoría, temos dúas grandes familias: linguas satem e linguas centum (satem e centum significan "cen").







No hay comentarios:

Publicar un comentario