miércoles, 20 de enero de 2016

OS XOGOS PANHELÉNICOS

Os xogos panhelénicos constituían as catro grandes festas ás que podian acudir os gregos de toda a Hélade. Tiñan carácter deportivo e sagrado.
Os Nemeos celebránse na polis de Nemes (Argólida, península do Peloponeso), os ístmicos, na de Corinto, os Piticos ou Délficos, no santuario de Delfos ( Fócida) e os Olímpicos, no santuario de Olimpia ( Elide, península do Peloponeso).

Os Xogos Olímpicos
 
Os primeiros xogos remóntanse ao 776 a C. e celebrábanse cada catro anos, en verán.
As festas duraban cinco días. O primeiro día celebrábanse procesións e sacrificios en honra de Zeus.

Os tres días seguintes dedicábanse a carreiras  de carros e de cabalos no hipódromo, carreiras pedestres no estadio, pentatlón ( carreira de estadio, salto lonxitudinal, lanzamento de disco, lanzamento de xabalina  e loita)
O quinto día proclamábanse os vencedores que recibían unha coroa de oliveira.
Entre olimpiada e olimpiada, celebrabánse tamén en Olimpia, as olimpiada femininas, exclusivamente  para mulleres, en hora de Hera.

A marxe das competicións deportivas celebrabánse manifestacións literarias e artísticas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario