lunes, 11 de enero de 2016

ITÁLICA

 Historia de Itálica
A cidade romana de Itálica foi fundada no ano 206 aC polo xeneral Publio Cornelio Escipión “O Africano”, co fin de establecer en ela aos soldados feridos que habían participado na batalla de Ilipa derrotando ao ejército cartaxinés. O nome de Itálica fai referencia a Italia, terra de orixen dos primeiros habitantes da cidade.
Itálica é a Cidade Romana que se levantaba no municipio de Santiponce, a nove quilómetros de Sevilla. Foi o asentamento romano máis antigo da Península. 

Durante o mandato de Octavio Augusto, foi transformada en municipio, o que lle confería máis autonomía e a prerrogativa de   acuñar moeda.

A época de maior desenvolvemento para a cidade coincide cos emperadores Traxano (53-1179) nacido na cidade e Adriano (76-138) o seu sucesor e descendente dunha familia de Itálica, que ampliou a cidade e lle concedeu o estatuto de colonia.

A cidade vella e a cidade nova  

Italica constaba de dous núcleos urbanos: a cidade vella, fundada polos primeiros romanos, que está debaixo da actual Santiponce , e a nova urbs (cidade nova), esta última levantada en época de Adriano.

A nova urbs está urbanizada segundo a estrutura ortogonal grecorromana, con edificios públicos, grandes rúas de beirarrúas pórticadas e suntuosas vivendas, onde poden contemplarse numerosos mosaicos de diferentes temas.
Monumentos:

O anfiteatro: de forma elíptica, é un dos mellores conservados da península. As foxas do centro da elipse, formaba unha cámara que se utilizaba para almacén, gaiolas e dependencias de gladiadores.
O seu podio , especie de barreira de praza de touros, ten 2,30 mts de altura, servía para protexer aos espectadores das feras. A bancada podías acoller máis de 20.000 espectadores sentados.
 


Resultado de imagen de anfiteatro de italica 
Teatro

Está situado na cidade vella. Foi construido na época de Augusto e, unha vez en desuso, estivo soterrado ata o seu descubrimento en 1970. Reconstruítonse as bancadas e outras partes da súa estrutura, e utilizase para a representacións músico-dramáticas.


 Termas públicas
Nunha zona de casas señoriais (domus) atópase un complexo de termas (baños) públicas, que se escavaron a partir do século XIX.
    



VÍDEOS SOBRE ITÁLICA
 







No hay comentarios:

Publicar un comentario