lunes, 18 de enero de 2016

O DEREITO

O DEREITO GREGO

O dereito grego non se fumdamentaba en principios inamovibles, polos que os gregos renovaban as súas institucións segundo as circunstancias do momento.

Consideraban a lei (nomos) como unha limitación do poder da autoridade e como unha instrución dirixida aos maxistrados para protexer da súa posible arbitrariedadeos cidadáns.

A falta de leis escritas en Atenas induciu a Dracón a redactar por escrito, na segunda metade do século VII a C, un código de leis moi riguroso; máis tarde foi suavizado e actualizado por Solón (séculos VII-VI a C) e outros lexisladores.

En Esparta, as primeiras leis atribúense a un lexislador lendario, Licurgo (s VII a C) o seu código recollía antigos costumes.

OS TRIBUNAIS DE ATENAS

Para xulgar aos presuntos culpables, creáronse os seguintes tribunais de xustiza:

- O Consello do Areópago. Era o máis importante. Xulgaba os casos de asasinatos, incendios de casas e envelenamentos. As penas que adoitaba ditar eran a morte, nos dous primeiros casos, e o desterro e confiscación de bens, no terceiro.

- O Paladión. Xulgaba os casos de homicidios, a instigación ao asasinato e a complicidade na morte de calquera persoa. no primeiro caso podía non haber condena; nos dous últimos casos, a pena era o desterro sen confiscación de bens.

- A Helica: Era o tribunal popular de xustiza. Xulgaba as causas que non eran competencia dos tribunais de delitos de sangue.

OS MAXISTRADOS DE ATENAS

os noves arcontes, no período democrático, interviñan na preparación dos xuizos e no sorteo de maxistrados e xurados.

Tamén había xuices de paz, cuxa función era conseguir un acordo entre as partes litigantes en preitos da vida cotiá de non moita importancia.

O DEREITO ROMANO

O dereito romano foi considerado como unha das institucións de maior transcedencia para a civilización occidental.
Os romanos da época republicana estaban obsesionados pola legalidade, as leis estaban por enriba de calquera poder . na época imperial, o emperador estaba por enriba das leis.
o dereito romano foi, nas súas orixes, un dereito non escrito. na súa creaciónhai que considerar dous vías:
a) O dereito civil (ius quiritium). Afectaba só aos cidadáns romanos e era moi complicado.
Ao inicio da época republicana, os romanos rexíanse por preceptos non escritos, inspirados nos usos e costumes dos antepasados (mos maiorum). Ë o dereitoconsuetudinario.
a mediados do século V a C, por presión da plebe romana, escribíronse as primeiras leis, chamadas Leis das XII Tablas, e colocaronse no Foro para que todas as persoas puidesenlas coñecelas. A partir delas reguláronse as relacións entre cidadáns e as dos cidadáns co Estado.
b) O dereito de xentes (ius gentium) regulaban as relacións establecoidas por Roma con outros pobos, aliados ou sometidos, e as relacións particulares das persoas libres non cidadás cos cidadáns romanos.
o dereito de xentes, unha especie de dereito internacional, serviu de base para o dereito internacional posterior.

OS PRETORES, A FRONTE DA XUSTIZA

Os pretores eran os responsables de administrar xustiza:

- O praetor urbanus. impartía xustiza entre os cidadáns romanos.

- O praetor peregrinus. Ocupábase de impartir xustiza entre cidadáns romanos e estranxeiros(peregrinos)

O CÓDIGO DE XUSTINIANO

A  partir do século III recompiláronse diferentes códigos de leis. os máis importante foi o de Xustiniano, emperador do Imperio romano de Oriente no século VI, chamado Corpus iuris civilis ( Compendio de dereito civil) . trátase dunha compilación de todo o material xurídico vixente ata entón.

PERVIVENCIA DO DEREITO ROMANO

O código de Xustiniano serviu de base para outros códigos medievais, como o código de Alarico, en España.

Tamén sirviu de inspiración aos códigos civis do século XIX, como o Código Napoleónico.

 Moitos dos termos xurídicos latinos utilizados hoxe en día proveñen do dereito romano, o que evidencia a súa perdurabilidade.   




No hay comentarios:

Publicar un comentario