A conquista de Hispania non foi nada doada. Cando os romanos chegaron á Península, atopáronse cos iberos , establecidos na zona oriental e sur , e os celtas pobo de oríxe indoeuropea, asentados no centro e no norte,
Os romanos na Península Ibérica
Os romanos desembarcaron en Empuries ( Xirona ) o ano 218 a C, ao principio da Segunda Guerra Púnica, para axudar á súa liada Sagunto ( Valencia ) e, sobre todo, para impedir que os cartaxineses de Hispania enviasen subministracións a Aníbal, que loitaba en Italia.
Combateron contra os cartaxineses que quedaban Península e contra os nativos con tanto éxito, que no ano 206 a C., a costa mediterránea estaba en poder de Roma e convertérana na provincia romana de Hispania.
Os malos tratos e os fortes tributos impostos polos gobernadores romanos aos pobos que se opuxerán a conquista, incitaron aos xefes iberos Indíbil e Mandonio a rebelarse, pero foron derrotados.
Máis tarde erguéronse en armas os lusitanos, habitanyes de Hispania occidental, ás ordes de Viriato que foi asasesinado por un traidos mentres durmía (139 a C). O seu exército dispersouse deseguida.
Numancia ( Soria ), cidade celtibérica, tamén se sublevou contra Roma . Sucumbiu aos dez anos (133 a C).
Xa non había focos de resistencia que incomodasen aos romanos, agás os cántábros e os ástures, na cornisa cantábrica. Tivo que vir a sometelos Octavio Augusto , que os vence no ano 25 a. C. Nesta viaxe fundou Caesar Augusta ( Zaragoza ) e Emérita Augusta ( Mérida). Non obstante, cántabros e asturés subleváronse de nov, pero foron derrotados totalmente, no ano 19 a C.
A dependencia política de Roma durou ata o 476.
Os romanos en Galicia
Cara ao ano 137 a C, os romanos comezaron a conquista de Galicia, pero os galaicos opuxéronlle moita resistencia. nos anos 61-60 a C, Xukio César, a fronte de tres lexións, conseguiu véncelos e someteu aos pobos da rexión que ata daquela non obedecerán aos romanos. Chegou ata Brigantium ( A Coruña).
Para poder vixiar os territorios conquistados, os romanos construiron campamentos permanentes , como o de Aquis Querquennis ( Baños de Bande en Ourense), moitos destes campamentos deron orixe a cidades romanas como lucis Augusti ( Lugo)
A ROMANIZACIÓN
A Romanización
O proceso de transformación da sociedade indíxena , asimilándose a romana en canto a súa organización, ao ser modo de vivir e a súa lingua , recibe o nome de romanización. os factores que hicieron posible a romanización en Hispania foron:
- O dereito de ciudadanía, que constituía a aspiración de todos os pobos sometidos , xa que levaba consigo moitos privilexios.
- A fundación de colonias, posto que estaban integradas por cidadáns romanos que viviían e se organizaban coma se estivesen en Roma.
- O exército, que estaba en contacto cos hispanos e foi o transmisor principal da lingua. Ademáis os soldados hispanos, cando se lincenciaban, adquirían o dereito de cidadanía.
- A lingua, xa que era necesaria para as relacións comerciais e sociopolíticas cos romanos. impuxóse tamén, grazas aos funcionarios , ao ensino e ao culto relixioso.
- A rede de comunicación, que facilitou a relación entre os dous pobos ata nos lugares máis apartados.
Divisións Aministrativas
Os romanos dividiron o territorio peninsular en orovincias para administralo mellor .
No ano 197 a C crearon dúas provincias, a Hispania Citerior ( a parte oriental e o norte) a a Hispania Ulterior( a parte occidental, o centro e o sur ).
Octavio Augusto dividiu a península en tres provincias: a Bética, con capital en Córdoba, a Lusitania con capital en Mérida, e a Tarroconense, a máis extensa, con capital en Tarragona.
Houbo despois outras divisións, nas que se disgregaron da Tarroconense as seguintes provincias: a Gallaecia, con capital en Brácara ( Braga , Portugal), en época de Caracalla, e a Cartaxinense, con capital en Cartago Nova ( Cartaxena) en época de Diocleciano. As provincias estaban divididas en municipios e en colonias.
AS VÍAS ROMANAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario