domingo, 10 de enero de 2016

A EDUCACIÓN EN GRECIA E EN ROMA.

A EDUCACIÓN EN GRECIA

Os gregos son os creadores do sistema educativo. As diferenzas establecidas na sociedade grega manifestábanse temén na educación ( a paideia)
En Atenas, so os varóns necesitaban unha gran preparación, xa que eran os destinados a participar no goberno da comunidade. En Esparta, en cambio, o Estado ocupábase da formación das rapazas e dos rapaces.

Atenas

A responsabilidade da educación recaía na familia; o Estado interviña a partir dos dezaoito anos, cando o novo ateniense cumpría o servizo militar ( a efebia). Así pois, ata os sete anos, os nenos e as nenas eran atendidas pola nai e pola ama. Da educación das mozas coidábase a nai, que as preparaba para ser esposas e amas de casa.

O proceso educativo dos varóns constaba de tres etapas

- O ensino primario: as actividades escolares realizábanse en centros do propio mestre, nos que se ensinaba a leer, a escribir e a contar. O neno varón iniciaba o ensino aos sete anos e ía á escola acompañado polo pedagogo, un escravo que actuaba tamén como preceptor.  

- O ensino secundario: o profesor de ensino secundario, impartía matemáticas e literatura. Da música e do canto ocupábase o citarista. Esta etapa rematábase entre os catorce e os dezaseis anos.
- O ensino superior : cursábase no ximnasio, onde se ensinaba astronomía, oratoria, dialéctica e filosofía. Os exercicios ximnásticos realizábanse na palestra. remataba aos dezaoito anos.

Algúns filósofos notables fundaron centros de ensino: A academia de Platón ( discípulo de Socrátes) ou o Liceo de Aristóteles alcanzaron gran celebridade.



 

 Esparta
           
A subordinación dos seus habitantes ao Estado obrigábaos, desde moi novos a estar ao servizo da comunidade. Os fillos varóns dos espartiatas abandonaban a familia aos sete anos e ían vivir aun colexio-cuartel baixo a tutela do estado, que se encargaba de procurarlles unha dura aprendizaxe militar; chegaban a ser soldados aos vinte anos.

Tamén cultivaban a música, a lectura e a escritura. Rematada a formación militar , dedicaban súa vida ao exército como soldados ata os sesenta anos.
A educación das rapazas era parecida, pero estas non vivían en comunidade exercitábanse   na ximnasia e na danza. Os exercicios físicos eran casi iguais aos dos mozos co fin de que estivesen preparadas para xerar cidadans- soldados sans e fortes. 

                         
         
 A EDUCACIÓN EN ROMA

Época antiga (ata o século II a. C.).
Nesta época antiga da historia de Roma, a educación dos raparigos limitábase á preparación que podía darlle o seu pai. Tratábase dunha educación de campesiños, baseada fundamentalmente no respecto aos costumes dos antepasados (mos maiorum). Desde a máis tenra infancia ensinábaselles que a familia da cal eran membros constituía unha auténtica unidade social e relixiosa, cuxos poderes estaban todos concentrados na cabeza, no paterfamilias, que era o propietario de todo, con dereito de vida e morte sobre todos os membros da familia.
Ata os sete anos era a nai a encargada da educación dos fillos. A nai é a mestra en casa. Exerce, pois, un papel de suma importancia: non se limita só a dar a luz ao fillo, senón que logo continúa a súa obra coidándoo física e moralmente. Por iso a súa influencia no fillo será importante durante toda a vida deste.
A partir dos sete anos era o pai quen tomaba a responsabilidade da educación dos fillos. Un pai ensinaba ao seu fillo -puer- a ler, escribir, usar as armas e cultivar a terra, á vez que lle impartía os fundamentos dos bos xeitos, a relixión, a moral e o coñecemento da lei. O neno acompaña ao seu pai a todas partes: ao campo, aos convites, ao foro, etc.
Pola súa banda, a pícara -puella- segue baixo a dirección e o coidado da súa nai, que a instrúe no telar e nos labores domésticos.

O definitivo perfeccionamiento á súa formación dábao o exército, no que se ingresaba á idade de 16 ou 17 anos. A forza do exército romano residía na súa disciplina: o cobarde era azoutado ata morrer, o xeneral podía decapitar a calquera pola menor desobediencia, aos desertores cortábaselles a man dereita, e o rancho consistía en pan e legumbres.

A partir do século a. C.
A partir dos séculos III e II a. C. Roma entra en contacto coa cultura grega ao conquistar a Magna Grecia. Desde entón, a superioridade cultural grega marcará a cultura e a educación romanas. Mestres e rétores chegan como escravos a Roma e dedícanse a impartir a docencia nas casas dos seus donos e ata abren escolas, unha vez obtida a liberdade.
A implantación do sistema educativo grego non se fai esperar. Deste xeito, a Roma rústica vaise a converter en portadora e transmisora do caudal humanístico grego. A partir de agora gran número de pedagogos, gramáticos, retóricos e filósofos invaden as rúas de Roma, e os romanos aceptan os seus ensinos (aínda que non sen algunhas reticencias).




a) Ensino primario.
O ensino primario ocupaba aos nenos  e nenas desde os sete anos ata os doce. Este primeiro ensino podía recibirse en casa, con profesores particulares, pero a maioría acudía á escola a cargo do ludi magister ou mestre de escola (ludus).

As escolas eran locais moi humildes, onde había cadeiras ou bancos sen respaldo para os alumnos, que escribían coas tablillas apoiadas nos xeonllos.
Na escola primaria aprendíase a ler, escribir e contar, baixo unha férrea disciplina que castigaba con severidad calquera falta.

b) Ensino secundario.
O ensino secundario, impartida polo grammáticus, acollía a adolescentes desde os doce anos ata os dezaseis. Centrábase no estudo da teoría gramatical, lectura de autores clásicos gregos e latinos. As de familias solventes instruíanse con preceptores que lles ensinaban ademáis canto, danza e a tocar a lira.
c) Ensino superior.
A cargo dun profesor chamado rhétor, Acudían a él mozos de 16 a 20 anos. Nesta etapa estudábase e practicábase a oratoria fundamentalmente. Despois desta etapa, os mozos de familias adiñeradas ían a illa de Rodas ou a Atenas para completar os seus estudois en academias de filósofos e rétores famosos.
 

 A EDUCACIÓN EN ROMA  



A FAMILIA EN GRECIA E EN ROMA

A familia sempre foi considerada, na Grecia clásica e en Roma, un elemento esencial da sociedade. Constituían unha unidade xurídica a fronte da cal sempre figuraba un varón (pai, avó, titor..) como autoridade máxima.

O MATRIMONIO

O matrimonio xa fose entre cidadáns gregos ou entre cidadáns romanos , tiña a finalidade de procreación de fillos nos que perdurase a familia. os matrimonios sen fillos recorrían a adopción, que non ofrecía dificultades.
Aínda que en principio o matrimonio se realizaba mediante a compra da muller, pronto se foi substituíndo.

ATENAS

En Atenas, enseguida se substituíu polo matrimonio relixioso, no que se tiña en conta o consentimento dos contraentes, ademáis o esposo non adquiría a propiedade da esposa.

O matrimonio legal constituíao o contrato de matrimonio, que precedía a ceremonia da voda relixiosa e establecía a achegan de bens ao matrimonio por parte de cada un dos esposos: no había rexime de comunidade de bens.

ESPARTA

En Esparta, a ceremonia do matrimonio consistía en simular un rapto de noiva, que era conducida a casa do esposo. Cando a muller quedaba embarazada, enton fancíanse públicas as relacións e o matrimonio quedaba constituído.  

ROMA

En Roma compaxinaron dous modos de matrimonio: o matrimonio relixioso e o matrimonio por uso ( convivir durante un ano sen interrupción) este último acabou desaparecendo

Para poder casarse os noivos necesitaban o consentimento paterno e ser cidadáns, é dicir dispoñer do dereito ao matrimonio. 

Había dous modelos de matrimonio lexítimo:

- matrimonium cum manu, polo que a esposada abandonaba a familia de orixe e tanto ela como os seus bens incorporábanse a familia do marido.

 
- matrimonium sine manu, cando a esposa permanecía baixo a autoridade do pai. Foi a fórmula habitual desde finais da República xa que con ela a muller podía recuperar o dote en caso de divorcio.

OS ESPONSAIS : PETICIÓN DE MAN E O DOTE

O matrimonio romano estaba precedido dos esponsais, que se celebraban ante os dous pais dos noivos, que daban o seu consentemento en nome destes. Se acudían os noivos , facíanse regalos e o noivo poñía o anel de compromiso á noiva.

O dote consistía nunha achega de bens por parte da noiva ao matrimonio , destinada a sifragar os gastos do fogar.

O DIVORCIO

ATENAS

En Atenas, o divorcio non era frecuente, non obstante , o marido podía repudiar a súa muller cunha simple declaración ante testemuñas; despois restituíalle o dote e facíaa regresar ao fogar paterno ou ao do titor. Os fillos quedaban baixo a tutela do pai.
A muller, en cambio, para divorciarse necesitaba unha decisión xudicial despois de xustificar ante o arconte continuos malos tratos e infedilidades.
Na época helenística, se o marido se divorciaba sen razón , imponíaselle unha pena. En cambio, se a esposa se divorciaba sen razón, non sufría sanción.

ESPARTA

En Esparta, só se aceptaba o divorcio no caso de que o matrimonio non puidese procrear. Agora ben, a infertilidade sempre se atribuía á muller.

ROMA


En Roma ao final da República , o matrimonio podía disolverse moi doadamente, xa que se consideraba un contrato disoluble. O divorcio podía ser pedido por un só membro do matrimonio, e sen causa ningunha.
na época do Dominado ( sIV-V), por presión do cristianismo, aceptábase o divorcio só por consentimento mutuo e baixo condicións.

OS FILLOS

En ATENAS, o pai tiña sobre o neno que acababa de nacer un dereito absoluto: podía abandonalo, matalo ou aceptalo na familia. A nai ateniense tamén tiña este mesmo dereito e daba a luzsendo solteira.
Os fillos estaban sometidos a autoridade do pai ata a maioría de idade (os 18 anos)

En ESPARTA en cambio, os fillos eran propiedade do estado desde o seu nacemento. as autoridades podían matar o neonato, neno ou nena, se tiña defectos físicos. A partir dos sete anos , o estado facíase cargo da educación dos varóns en centros estatais, nos que residían, fóra do ámbito familiar.

En ROMA, os fillos acabados de nacer tiñan que ser recoñecidos polo pai para `poder entrar a formar parte da familia. Sempre estaban sometidos á autoridade do cabeza de familia (paterfamilias), quen exercía a patria potestas. nos primeiros tempos, esta dáballe poder de vida ou morte sobre os fillos e fillas; pero avanzado o Imperio, limitouse a patria potestas a ter atribucións e obrigas só sobre a educación dos fillos e fillas       





























sábado, 9 de enero de 2016

A ESTRUTURA SOCIAL EN ROMA


ÉPOCA  REPUBLICANA

Durante a República había en Roma tres grandes grupos sociais:

Cidadáns privilexiados


  • Os patricios: eran cidadáns ricos que descendían dos primeiros habitantes de Roma. Posuían as explotacións agrícolas (latifundios) e mineiras.
  • Os nobles: eran plebeyos enriquecidos coas finanzas e os negocios relacionados coa guerra.
  • Os cabaleiros: eran plebeos adiñerados que controlaban o comercio a grande escala e a recadación de impostos.

Cidadáns non privilexiados


  • A plebe: formabaa a maioría dos cidadáns e dedicábase ao campo, a artesanía, ao comercio, ao exército....
  • os clientes: eran cidadáns romanos vidos a menos, que se poñían baixo a tutela dun home rico (patrón), que os axudaba economicamente e que os protexía xuridicamente.
Escravos

Eran persoas sen ningún dereito.Chegaran a esa situación como prisioneiros de guerra, o porque cometeran algún delito, non pagarán as súas débedas ou ben eran fillos de escravos.

O trato dado aos escravos variaba segundo o dono. Os escravos que obtiñan a súa liberdade chamábanse libertos: eran libres , pero non tiñan dereitos políticos.

ÉPOCA IMPERIAL

Os grupos sociais eran parecidos aos da República, aínda que Augusto reduciu a dúas "ordes" os cidadáns privilexiados:


  • A senatorial: formada por cidadáns que posuían máis de un millón de sestercios, o que lles daba dereito a ser senadores.
  • A ecuestre: formada por cidadáns que posuían máis de 400.000 sestercios. dedicábanse ao comercio e a desempeñar cargos na administración e no exército.
Entre os non privilexiados aumentou moito o número de libertos. Os escravos, grazas á influencia da filosofía estoica e do cristianismo, foron adquirindo untrato máis humano.






martes, 5 de enero de 2016

A ESTRUCTURA SOCIAL EN GRECIA



ESPARTA

A poboación do territorio dominado por Esparta ( rexións de Laconia e Mesenia) estaba distribuída en tres grupos sociais:

  • Espartiatas: eran cidadáns de pleno dereito. Constituíasn unha minoría e dedicábanse á administración pública ou ao exército. A partir dos trinta anos adquirían o dereito de cidadanía.
  • Periecos: eran habitantes de rterritorios cuxos antepasados non puxeran resistencia á conquista espartana. Vivían en comunidades periféricas con certa autonomía.

Posuían terras, pagaban impostos e alistábanse no exército, pero carecían de dereitos políticos. Dedicábanse ás artes e á artesanía.

  • Illotas: descendían dos habitantes de Mesenia vencidos polos espartanos e vivían nun estado de semiescravitude. Pertencían ao Estado, ao que podían comprar a súa liberdade. Cultivaban as terras dos espoartiatas a conta do pagamento dunha renda.

ATENAS


En Atenas, durante á época democrática, había tres grupos sociais ben diferenciados.


  • Cidadáns: gozaban de todos os dereitos civis e políticos, e constituían una minoría . O dereito a participar na asamblea de cidadáns obtiñano os mozos aso vinte anos, despois do servizo militar ou efebía.
  • Metecos: eran homes libres , polo xeral gragos nacidos noutras polis pu estranxeiros. Para non se ver sometidos a escravitude, debían sere presentados por un padriño e domiciliarse nunha demarcación (demos). Non tiñan dereitos políticos, pois non eran cidadáns, pero debían pagar impostos, coma os cidadáns.
A maioría dos metecos eran obreiros especializados ou dedicábanse ao comercio, a artesanía e a banca.


  •   Escravos: eran persoas que non tiñan dereitos civis nin políticos; podían ser vendidos ou alugados, e non se lles permitían casar nin ter patrimonio.
O dono non tiña sobre o escravo o dereito de vida ou morte. Ademais, este comprar a liberdade co seu traballo se o dono ou o Estado accedían a iso. Entón, o exescravo era incluído no grupo dos metecos.







                                        





     

ORGANOS DE GOBERNO EN ROMA

 
Durante a época republicana , o poder do estado estaba dividico en tres órganos de goberno, que se controlaban mutuamente:

1.1.- AS MAXISTRATURAS

As maxistraturas encargábanse das funcións administrativas, xudiciais e militares.

A maxistratura máis importante da carreira política (cursus honorum) era o consulado. Para chegar a desempeñalo, habíase de pasar previamente, e seguindo una escala, por maxistraturas anteriores.
Ademais, había outras maxistraturas con gran poder político, á marxe do chamado cursus honorum:
  • A censura: Os censores eran os maxistrados de máis alta dignidade. Só podía ser censor quen fora cónsul antes. Encargábanse de realizar o censo , de confeccionar a lista de senadores e de velar polos bos costumes da sociedade.
  • A ditadura: o ditador , que asumía o poder absolutos durante oito meses , era nomeado polo Senado por proposta dun cónsul en caso de necesidade.
  • O tribunado da plebe: Os tribunos da plebe eran os representantes da plebe. Tiñan a facultade de vetar ( sen anulalas) as decisións do Senado e de todos os maxistrados ( agás as do ditador): mesmo podían paralizar as decisións das asambleas.
Os maxistrados, para evitar o poder unipersoal , eran elixidos por un ano, agás os censores que o eran para cinco, e non repetían o cargo ata pasados dez. Adoitaban nomearse dous maxistrados para cada maxistratura.  

1.2.- AS ASAMBLEAS OU COMICIOS

As asambleas ou comicios eran reunión onde os cidadáns romanos exercián o seu dereito a participar na xestión do Estado. Había tres tipos:

  • As asambleas curiais: a súa función limitábase a dar o mando aos maxistrados elixidos nas asambleas de centiria e a resolver asuntos privados ( testamentos, adopcións,...) Eran exclusivas dos patricios.
  • As asambleas de centuria: Os cidadáns , distribuídos por centurias segundo a súa riqueza , votaban as leis, decidían sobre a paz e a guerra, elixían maxistrados de alto rango e exercían de tribunal supremo.
  • A asambleas por tribus: o pobo , distribuído por tribus segundo o lugar de residencia, votaba a maioría das leis e nomeaba maxistrados de rango medio. Foron as asambleas que tiveron máis perdurabilidade.
As asambleas deberían ser convocadas con dezasete días de antelación, como mínimo , polo maxistrado que había de presidilas.

1.3.- O SENADO

Estaba formado polo conxunto de senadores que nomeaban os censores. Ratificaba as leis aprobadas nas asambleas e encargábase das finanzas do Estado, do control de maxistrados e funcionarios, de política exterior , da organización das provincias, da relixión...
Foi un órgano de goberno moi importante na época republicana. Durante o Imperio, o Senado mantívose vixente, como as asambleas, pero a súa eficacia foi diminuíndo ata anularse.



  

A SOCIEDADE GREGA E A SOCIEDADE ROMANA : FORMAS DE GOBERNO NA POLIS GREGA



O desenvolvemento da sociedade grega foi moi complexo, debido a fragmentación do territorio da Hélade.
As diversas comunidades gregas, que tiñan lazos comúns ( como a lingua, relixión e unha cultura común), non formaron un único Estado, senon que cada unha contaba cunha organización político-social independente, chamada polis.
No século V a C na polis de Atenas impúxose a democracia como forma de goberno, polo que todos os cidadáns eran participes na toma de decisións.
A sociedade romana estivo en constante enfrontamento pola inxusta desigualdade existente entre os cidadáns ricos (os patricios) e os cidadáns con poucos recursos ou ningún (os plebeos).
En ambas civilizacións, ademais, non todos tiñan plenos dereitos; unha gran parte da poboación, carecía de todo dereito e era considerada obxecto de propiedade dos seus amos.

1.- FORMAS DE GOBERNO NA POLIS GREGA 
           
1.1.- NACEMENTO DA POLIS

Entre os séculos VIII e VI a C, no territorio da Hélade houbo comunidades nas que os seus habitantes querían participar cos mesmos dereitos nos asuntos da comunidade: xurdiu a polis.

A polis ou cidade-estado era unha comunidade con autonomía política e autosuficiencia económica, formada por unha cidade , unhas aldeas e uns territorios circundantes. Polo tanto o seu territorio era limitado.
As polis que máis protagonismo tiveron foron Atenas, Esparta, Tebas e Corinto.


 1.2.- FORMAS DE GOBERNO

En Atenas, sucedénronse as seguintes formas de goberno:

  • Oligarquía aristocrática( goberno duns poucos) o poder político exercíano unhas poucas familias aristócratas (aristoi), posuidoras de grandes latifundios.
  • Tiranía forma de goberno unipersoal , presidido por un aristócrata que o conseguira co poder pola forza ou con falsas promesas electorais.
  • Democracia (ou goberno do pobo) o poder político tiñao a asamblea de cidadáns. Foi o tipo de goberno característico de Atenas no século V a C e unha das súas máximas achegas á Humanidade. 

En Esparta, a forma de goberno que perdurou foi a oligarquía aristocrática. Esta oligarquía estaba presidida por unha diarquía, e dicir, por dous reis á vez.

1.3.- ÓRGANOS DE GOBERNO E MAXISTRADOS

ATENAS

Os órganos de goberno de Atenas, durante a época democrática, estaban abertos a todos os cidadáns:

  • A Ecclesia: era unha asamblea de todos os cidadáns maiores de vinte anos. As súas funcións consistían en nomear os maxistrados, aprobar leis, decidir sobre a guerra e a paz, e controlar o aparato xudicial.
  • A Bulé: era un consello constituído por cincocentos membros maiores de trinta anos, elixidos por sorteo. O seu cargo duraba un ano e consistía en preparar as leis e controlar os funcionarios e maxistrados.
  • O Consello dos pritanos: Encargábase de xestionar os asuntos cotiáns e de tomar decisións urxentes. Convocaba a Bulé e a Ecclesía.
  • A Heliea: Era unha institución que agrupaba os tribunais populares de xustiza. Os seus membros eran elixidos por sorteo anual entre os cidadáns.
Entre os maxistrados destacan:
  • Os arcontes: eran nove maxistrados e ostentaban o poder executivo e o xudicial. Elixíanse cada ano por sorteo na Ecclesía.
  • Os estrategos eran dez xenerais elixidos na Ecclesía a man alzada para un período indeterminado.

ESPARTA

Os órganos de goberno en Esparta foron:
  • A Diarquía: O poder supremo do goberno e do exércitoestaba en mans de dous reis. A súa sucesión era hereditaria
  • A xerusia: era un consello de anciáns, maiores de sesenta anos, que estaba composto de vinte e oito membros vitalicios, elixidos pola Asamblea popular. este consello dirixía o Estado conxuntamente cos éforos (maxistrados).
  • A Asemblea popular ( a Apella): era a asemblea dos cidadáns que gozaban de plenos dereitos. Funcionaba como órgano consultivo, pero unha vez ao ano reuníase para elixir os cinco éforos e cubrir as posibles vacantes dos membros da Xerusía.
  • Os principais maxistrados de Esparta foron os éforos. Eran elixidos por un ano pola Asamblea popular. A súa función fundamental consistía en defender o pobo dos abusos dos reis e en exercer a xustiza.
Co tempo os reis foron desprovistos dos seus poderes, pero nunca perderon as honras e as riquezas.  
  


PATRICIOS Y PLEBEYOS

La sociedad en la época republicana estaba dividida en patricios, plebeyos y esclavos.
Los patricios, eran los dueños de la mayor parte de las tierras y rebaños. Participaban en el senado y ocupaban los más altos cargos políticos del Estado. Eran los ciudadanos más ricos.

Los plebeyos, eran los propietarios de pequeños pedazos de tierra. Estos eran los comerciantes y artesanos, ciudadanos de segunda categoría. Al principio no participaban en actividades políticas, pero poco a poco los patricios se dieron cuenta de que necesitaban a los plebeyos para trabajar y formar parte del ejército, entonces fue cuando a todos los ciudadanos de Roma, se les dió la oportunidad de participar en el gobierno.

Los esclavos, carecian de derechos y no tenían la consederación de persona, sinó que eran propiedad de sus dueños, como un objeto o una herramienta de trabajo. Por lo general, eran cautivos de guerra, o hijos e hijas de esclavos. Recibian el castigo que su prepietario consideraba oportuno, incluida la muerte.