O LINEAL B (CIVILIZACIÓN MICÉNICA)
A escritura silábica LINEAL B foi o sistema de escritura que utilizou a civilización micénica para reproducir por escrito a lingua grega, sendo a primeira vez que se escribía esta lingua. Pero este tipo de escritura perdeuse por completo debido á destrución desta civilización. Actualmente consérvase grazas ás tablillas de arxila atopadas nos restos arqueolóxicos dos palacios descubertos, cuxos incendios fixeron que se cocesen por falta de osíxeno nunha especie de ladrillo grisáceo, facilitando así a súa preservación. Cando estaban húmidas, facíanse inscricións sobre elas e poñíanse despois a secar para arquivalas ata que fose necesario. Entón ou ben rompían ou ben se disolvían na auga para utilizalas novamente. Conteñen xeralmente inventarios. Os textos literarios só xorden coa escritura alfabética.
No hay comentarios:
Publicar un comentario