jueves, 8 de octubre de 2015

MITO

Introducción al concepto de "Mito"

Segundo o dicionario,  "Mito" é unha fábula relixiosa,  unha ficción na que unha cousa representa a outra diferente. Un mito é, pois unha forma de explicar os sucesos ou acontecementos que máis importan aos homes. Por exemplo, por que hai enfermidades, por que existe o sufrimento, que pasa despois da morte, por que as plantas brotan e se marchitan, como xurdiu o universo.




Alpe D HuezDesta forma, a pasaxe da Biblia onde se nos narra a Creación do Mundo en sete días é un mito, un suceso que tenta explicarnos como se creou o Universo, a Terra os animais, o Home. Se te fixas, trátase de explicacións non racionais ou científicas senón imaxinativas e narrativas.

Tamén pode significar "Mito" un relato ou noticia que desfigura o que realmente é unha cousa, e que lle dá aparencia de ser algo máis valioso do que é en realidade. Aquí podemos comprender frases tales como "Induráin impúxose no mítico Alpe d'Huez", ou "Vicente, que é un vago redomado, conseguiu un mítico aprobado".redomado, conseguiu un mítico aprobado".





Por último, "Mito" é unha persoa ou cousa rodeada de extraordinaria estima. Fálannos de homes e mulleres que destacan dos demais polas súas calidades nun determinado campo (deporte, cinema, música), e falamos, por exemplo, de Nadal  como un "mito" do tenis.



Nós ímonos a centrar no primeiro sentido da palabra mito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario